Página principal
Nuestro colegio nuestras caras divertidas Nuestras maestras Excursiones Celebramos el Magosto
El Carnaval
Actos realizados en el colegio
Compañeros que ya no están
Recuerdos escolares
Fiestas fuera del cole

Algunos juegos para el PC
Refranes y adivinanzas
Vamos a reirnos con algunos chistes
Enlaces que te pueden gustar
E-mails de contacto

CEIP Curros Enríquez - Un poco de historia

 

(tomado de la página web del CEIP Curros Enriquez http://centros.edu.xunta.es/ceipcurrosenriquez

O Colexio Curros Enríquez nace no ano 1931 na chamada Estrada Nova, nun edificio de duas plantas, que conserva na actualidade.

Chamábase Escola Graduada, como era o nome da época. A educación separábase por sexos. Na planta alta atopábanse as tres aulas das nenas e na planta baixa as tres dos nenos.O ensino levábano a cabo, tres mestras para as nenas e tres mestres para os nenos. Tiña tamen a Escola Graduada una directora e conserxe. 

Uns anos máis adiante, creouse una clase de Párvulos. Os primeiros mestres foron:

Dona María Teresa, para as nenas máis pequenas, dona Antolina para as do grao medio e dona Marina para as nenas maiores (terceiro grao).Para os nenos, estaban don Claudio, don Emilio e don Bernardino, en primeiro, segundo e terceiro grao respectivamente.

Dona Isabel foi a primeira directora e o conserxe o señor Manríquez. A primeira mestra de párvulos foi dona Mercedes.

Dona Antolina moi pronto aprobaría as oposicions de Inspectora de Primeira Ensinanza, que exerceu ata a súa xubilación, nesta cidade de Ourense.

Mención especial para dona María Teresa e don Raúl, que levaron a cabo a difícil tarefa de ser mestres de primeiro, con máis de corenta nenos nas aulas.

Daquela época son as árbores que hoxe temos tan grandes no noso patio do Colexio Curros Enríquez.

No curso 1964-1965 creouse a Asociación de Pais de Alumnos e de Antigos Alumnos, a nova recolleuna a Axencia EFE, nas páxinas do diario ABC. O seu primeiro Presidente foi, don Eustaquio. Cos poucos medios con que contaba, (como anécdota direi que os pais pagaban a Asociación un peso ó mes) puxeron en marcha unha clase de Inglés, para os nenos maiores dentro do horario escolar.

O Colexio Curros Enríquez foi pioneiro en ter clase de idioma no Ensino Primario.

Adicanse estas verbas a todos os mestres e mestras, e a os alumnos e alumnas que pasaron polo Colexio Curros Enríquez.