Página principal
Nuestro colegio nuestras caras divertidas Nuestras maestras Excursiones Celebramos el Magosto
El Carnaval
Actos realizados en el colegio
Compañeros que ya no están
Recuerdos escolares
Fiestas fuera del cole

Algunos juegos para el PC
Refranes y adivinanzas
Vamos a reirnos con algunos chistes
Enlaces que te pueden gustar
E-mails de contacto

BEN CHEGADO  (Manuel Curros Enríquez)

¡Que doce e deleitoso
é dun pai o desvelo, cando á veira
do seu leito de esposo,
vai oír pracenteira
do seu primeiro fillo a vos primeira!
 
¡Que argullosa ufanía,
que mundo de ilusiós e de contento
acode á fantesía,
i en tan felís momento
encolle o corazón i o pensamento!
 
Heme aquí retirado
do meu lar no curruncho escurecido,
contando, ó son pausado
da péndola, o batido
do corazón, de amor estremecido.
 
Chega hastra min, profunda
como a tétrica queixa lastimada
de cerva morimunda,
solouzante e cansada,
a vos dorida da muller amada.
 
Mais, dos seus beizos roxos
envolto nos suspiros de amargura,
trégola ós meus enoxos,
un ánxel de hermosura
bríndame eterna, celestial ventura.
 
¡Ah! Deixa que treidores
ceben en ti, muller, súa saña impía
os maternás doores;
que canto máis sombría,
máis tras da noite nos feitiza o día.
 
Sofre en calados aies
o máis grande tormento conecido.
¡Sofre!... ¡Mañán, quizaies,
darás por ben sofrido
ese, que a ningún outro é parecido!
 
¿Quen sabe, ó fin, se a estrela
que vai lucir no noso triste ceo,
purísima e sinxela,
astro chegará a ser que de lus cheo
os nosos días enfeitice arreo?
 
¿Quen sabe si, puxante,
esa pranta que brota hoxe da terra,
erguéndose trunfante
sobre canto de podre e ruín encerra,
árbol será de paz tras tanta guerra?
Ven, fillo da miña alma;
chega, chega e non tardes, meu querido:
A humanidá sin calma,
o mundo en servidume sumerxido,
nado inda non, saúdante benvido.

E ben chegado seas
ó meu colo tamén, ¡miña delicia!
¡Que inda mesmo sin vida me recreas,
falangueira e propicia
a miña amante e paternal caricia!
 
Namentres, noite, pasa,
pasa, eses teus luceiros apagando:
Linda é a lúa; mais súa lus escasa
agoiro fora infando
o berce do meu neno alumeando.
 
Pasa, noite das fadas,
en que Dios dorme e se acovarda a xente;
que as párpedas pechadas
do meu rolo inocente
quérense ó raio abrir do sol fulxente.
 
¡Ouh, sol! Ti, que atesouras
a lus que esparxe a brétema sombría;
ti, que os outeiros douras
e inundas de armonía
o ceo, a terra, o mar, a tarde, o día;
 
pola xigante lomba
érguete a ver o meu miniño, quedo,
cal namorada pomba
que pola mañá cedo
leva ós fillos calor no pico ledo.
 
Do mundo nos lumiales,
¡ouh, sol!, ¡sol imortal!, meu neno espera
teus raios celestiales...
¡Si cara a ti nacera,
non cara á noite, cara a ti correra!
 
Que cando eu a esta vida
abrín os ollos, triste noite escura
cubriume enloitecida,
¡E desa noite impura
inda os crespós arrastro i a tristura!

("Aires da miña terra", 1880)

  

 volver a nuestro colegioNuestro colegio